We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Eira (ao vivo en Castelo Studio '17​)​.

by MOURA

/
  • Streaming + Download

    Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
    Purchasable with gift card

      name your price

     

about

MOURA

(do precelta: marwo "morto", do grego: moira "destino", do celta: mori "mar", mori-morwen "serea", mahra "espírito")

A Moura é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas, a Moura é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados.

A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a Moura peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música.

lyrics

Eira

Corredoira abaixo van
sete velliñas da man,
cinguen chorimas nas frontes
van ao encontro de Baal.

Na lubre cantan os mouchos
a moura fica no chan,
corpos espidos observan
como o sangue está a brotar.

Esconxuro ao luar,
laia a ialma, alumea o mal
o demo vente abalar...

credits

released April 10, 2018
Gravado en directo e misturado por J. Gutierrez entre os días 16 e 18 de Decembro de 2017 en Castelo Studio, Folgueira (A Coruña).


MOURA:

Diego Veiga: Guitarra e voz.
Hugo Santeiro: Guitarra.
Pedro Alberte: Baixo.
Fernando Vilaboy: Sintetizadores e Hammond.
Luis Casanova: Batería e percusión.

license

tags

about

MOURA A Coruña, Spain

MOURA somos os ecos dos cantos druídicos entoados na Idade Antiga, megalitos en visión calidoscópica, guitarras coma arpas de bardos e pés bailando arredor do lume no último acantilado do planeta. Un aquelarre de brétema psiquedélica progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo. ... more

contact / help

Contact MOURA

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like MOURA, you may also like: