Includes high-quality download in MP3, FLAC and more. Paying supporters also get unlimited streaming via the free Bandcamp app.
Purchasable with gift card
name your price
about
MOURA
(do precelta: marwo "morto", do grego: moira "destino", do celta: mori "mar", mori-morwen "serea", mahra "espírito")
A Moura é un dos seres mitolóxicos de orixe prerromana máis fascinantes do folclore galego. Fonte de múltiples lendas, a Moura é portadora de poderes sobrenaturais e figura inspiradora para cinco druídas cósmicos que renden culto á liserxia pangalaica en forma de longas improvisacións, melodías psicodélicas, cantos pastorais e ritmos tribais envoltos en ecos de tempos pasados.
A carón de ríos, pontes, pozos, cavernas e antigos lugares de culto, a Moura peitea os seus longos cabelos louros coma o ouro ou negros coma a noite, a primixenia dualidade universal tamén presente na súa música.
lyrics
Eira
Corredoira abaixo van
sete velliñas da man,
cinguen chorimas nas frontes
van ao encontro de Baal.
Na lubre cantan os mouchos
a moura fica no chan,
corpos espidos observan
como o sangue está a brotar.
Esconxuro ao luar,
laia a ialma, alumea o mal
o demo vente abalar...
credits
released April 10, 2018
Gravado en directo e misturado por J. Gutierrez entre os días 16 e 18 de Decembro de 2017 en Castelo Studio, Folgueira (A Coruña).
MOURA:
Diego Veiga: Guitarra e voz.
Hugo Santeiro: Guitarra.
Pedro Alberte: Baixo.
Fernando Vilaboy: Sintetizadores e Hammond.
Luis Casanova: Batería e percusión.
MOURA somos os ecos dos cantos druídicos entoados na Idade Antiga, megalitos en visión calidoscópica, guitarras coma arpas
de bardos e pés bailando arredor do lume no último acantilado do planeta. Un aquelarre de brétema psiquedélica progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo....more
Big, clanging psych-rock from this Arizona outfit fuses monk-like vocals with slow-winding guitars for songs that feel like strange hymns. Bandcamp New & Notable May 2, 2016
supported by 4 fans who also own “Eira (ao vivo en Castelo Studio '17).”
My favourite installment in the series. Got drawn into Jack's story through The Magnetic Ridge and worked my way backwards. This one just hits the sweet spot between stoner, doom and blues. Vanja