1. |
Eira
08:58
|
|||
Corredoira abaixo van
sete velliñas da man,
cinguen chorimas nas frontes
van ao encontro de Baal.
Na lubre cantan os mouchos
a moura fica no chan,
corpos espidos observan
como o sangue está a brotar.
Esconxuro ao luar,
laia a ialma, alumea o mal
o demo vente abalar...
|
||||
2. |
Da Interzona a Annexia
08:51
|
|||
Espido xantar
co exterminador.
Alimachas, rituais
de agulla e vapor...
Po marelo, cristais
negra carne ao solpor.
Pezoñento cempés
ordes do doutor...
|
||||
3. |
||||
Zoa o vento no limiar,
rescaldo na lareira,
noite escura, ouvean os cans
preces de pesar.
Soan prantos no andar,
morte mentireira,
leito en vida i o resón
dunha coita eterna.
Tan só queda agardar...
Porta o fadro o espectro errante,
cuspe pesadelos.
Presa da esquecida fame,
perto do final.
Soan prantos no andar,
morte mentireira,
leito en vida i o resón
dunha coita eterna.
Tan só queda agardar...
|
||||
4. |
Ronda das Mafarricas
07:03
|
|||
Estaban todas xuntas
catrocentas bruxas
á espera, á espera,
á espera da lúa cheia.
Estaban todas xuntas
Veio um chibo velho
dançar no adro
Alguén morreu...
Arlindo coveiro
com a túa marreca
léva-me primeiro
cara a cova aberta.
Arlindo Arlindo
bailador das fadas
vai ao pé coxinho
cava-me a morada.
Arlindo coveiro
cava-me a morada
fecha-me o jazigo
quero campa rasa.
Arlindo Arlindo
bailador das fadas
vai ao pé coxinho
cava-me a morada...
|
MOURA A Coruña, Spain
MOURA somos os ecos dos cantos druídicos entoados na Idade Antiga, megalitos en visión calidoscópica, guitarras coma arpas de bardos e pés bailando arredor do lume no último acantilado do planeta. Un aquelarre de brétema psiquedélica progresiva con raigame folk e mitoloxía galaica empregando a lingua galega como voz ritual comunal que persegue o transo colectivo. ... more
Streaming and Download help
If you like MOURA, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp